PRISIONEIROS/AS DA CÁRCERE

Neste proxecto de fotografía, intentamos recrear como viven as persoas e animais que teñen que estar encerrados en condicións pésimas.  Quixemos transmitir todo o sufrimento que viven día a día. Os animais, teñen o dereito a vivir no seu hábitat natural e as persoas que están encerradas, polos motivos que sexa, teñen que ter unhas... Seguir lendo →

TODOS SOMOS CAPITÁNS

Benqueridas familias! Temos novo timbre na escola! Este cuarto timbre musical é dunha canción de Magín Blanco . "Todos somos capitáns" atópase no álbum "A nena e o Grilo nun barquiño", do ano 2013. Magín Blanco é un compositor, guitarrista e cantante galego. O artista é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para... Seguir lendo →

Premio Innovagal

Queremos compartir con todos/as vós a nova de que vimos de recibir o segundo premio Innovagal á innovación educativa en Galicia neste curso 2020-21. Esta acción impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten como finalidade recoñecer o labor de centros e docentes cunha traxectoria de compromiso coa innovación educativa a través do desenvolvemento... Seguir lendo →

PEPA A LOBA

Quen era Pepa A Loba? Segundo a lenda, crese que, a famosa bandida debeu nacer no norte da provincia de Pontevedra arredor do ano 1830. Pepa A Loba é unha figura mítica de Galicia, unha lendaria bandoleira galega. Seguindo á R.A.G da lingua, unha bandoleira é unha persoa que rouba nos camiños ou en lugares... Seguir lendo →

XOÁN BABARRO

Xoán Babarro Gonzalez Paseando pola nosa escola a miña compañeira e máis eu, démonos conta de que enriba das portas hai nomes de homes e mulleres galegos/as que son referentes culturais. Por exemplo: Na nosa porta aparece o nome dun escritor galego chamado: Xoán Babarro. Xoán Babarro é un escritor galego, de Ourense. Actualmente, ten... Seguir lendo →

Cómic sobre os ambientes

Tres alumnos de 5º chamados Iria, María e Daniel Delfín fixeron un cómic onde presentaron os ambientes da comunidade de maiores do CEIP Heroínas de Sálvora. Agardamos que vos guste! Cómic os AmbientesDescarga\t

Mural feminista de Madrid

O alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida Navasqüés, quere eliminar os rostros das quince mulleres representadas na parede dun polideportivo do distrito da Cidade Lineal (Madrid), que forman parte da historia pola súa loita pola igualdade. O mural foi pintado por Jorje Nuño, que é un artista do colectivo Unlogic Crew, o cal afirmou nunha... Seguir lendo →

A fortaleza

A Real Academia Galega define a fortaleza como un recinto fortificado. Na nosa escola empregamos este termo para darlle nome a un dos espazos que conforman os ambientes da comunidade de pequenos/as. A fortaleza é un espazo inspirado na infancia, chámase así porque é parte dun castelo. Podémolo atopar no ambiente de “Construccións” da comunidade... Seguir lendo →

O Apalpador

Benqueridas familias: Como educadores/as consideramos importante recuperar as tradicións galegas e transmitirllas ao noso alumnado polo que vos pedimos colaboración para que lle abrades as portas das vosas casas a esta personaxe da nosa terra. O Apalpador é un home barbudo, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón durante todo... Seguir lendo →

Creando poemas

Este é a nosa primeira creación con poesía. Foi unha experiencia moi boa, porque nos puxemos na pel dun escritor. No colexio hai nenos,no colexio hai nenas,todos se divirten todos felices. Despois de xogar,todos a traballar,todos estudan,todos a bailar. Os profesores felices,os nenos sen berrar,sen nenos berrando,todos a xogar. Os profesores falan,os nenos ao seu,todos... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑