

Baixo o formato dunha Editorial créase un ambiente de comunicación que potencie a lectura, a escritura, a utilización da tecnoloxía aplicada a búsqueda, tratamento e produción da información, así coma principios do traballo cooperativo fomentando a autoxestión, autonomía e toma de decisión. A lingua que se utilizará na comunicación será o galego, sendo unha das finalidades da creación do ambiente “escribimos en galego, falamos en galego, creamos en galego”.
A nivel de infraestrutura ofrece espazos de oportunidades de creación audiovisual, radiofónicos, medios escritos e fotografía.


Elas e eles, son quen elixen a temática a e o formato de presentación destos proxectos dando visibilidade a temas como o machismo, a igualdade e a diversidade.
Entre outras utilizamos:
- Canva.com: diseño de todo tipo de cartaces, folletos,publicidade…
- Audacity: programa gratuito para grabar e editar os programas en mp3.
- Filmora: editor audiovisual para crear vídeos.
- Ivoox: web que deixa subir os podcast creados.
- youtube: plataforma onde albergamos os novos vídeos.

