O alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida Navasqüés, quere eliminar os rostros das quince mulleres representadas na parede dun polideportivo do distrito da Cidade Lineal (Madrid), que forman parte da historia pola súa loita pola igualdade.
O mural foi pintado por Jorje Nuño, que é un artista do colectivo Unlogic Crew, o cal afirmou nunha entrevista que: “Estas mujeres se incluyeron en el muro mediante un proceso participativo por unos criterios de reconocimiento y su aportación social. Sin entrar a valorar la ideología que pudieran tener, lo que representan es la aportación social de la mujer.”
Na intervención artística aparecen 15 mulleres que cambiaron o mundo e loitaron pola igualdade como foron: Rigoberta Menchú, Lucía Sánchez Saornil, Rosa Arauzo, Ángela Davis, Valentina Tereshkova, Chimamanda Ngozi Adichie, Emma Goldman, Frida Kahlo, Kanno Sugako, Liudmila Pavlichenko, Nina Simone, Billy Jean King, Gata Cattana, Rosa Parks e Comandata Ramona.
Os grupos políticos do goberno do concello de Madrid decidiron borralo, o que provocou que a xente se manifestara en contra desta decisión. Toda esta oleada de reinvindicacións fixo replantexar a decisión tomada.
Baixo a miña opinión, penso que non deberían quitar o mural xa que fai que nos acordemos destas mulleres feministas que cambiaron o mundo ou loitaron pola igualdade. Estas mulleres son importantes xa que axudaron a que hoxe todos sexamos un pouco máis iguais e que, actualmente, as mulleres poidan estudar e ter practicamente todos os dereitos que antes tiñan os homes, por iso temos que axudar a que a xente recorde a estas mulleres. O mural era unha forma de agradecer a estas mulleres por todo o que loitaron para conseguilo e facer visible a igualdade.
Sabela Millares Vidal 5º