Xoán Babarro Gonzalez
Paseando pola nosa escola a miña compañeira e máis eu, démonos conta de que enriba das portas hai nomes de homes e mulleres galegos/as que son referentes culturais. Por exemplo:
Na nosa porta aparece o nome dun escritor galego chamado:
Xoán Babarro.
Xoán Babarro é un escritor galego, de Ourense. Actualmente, ten 73 anos e conta con 59 libros publicados. Naceu o 23 de Decembro de 1947. Estudou maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras. De pequeno asistiu a dúas escolas diferentes, unha onde cantaban as tablas de multiplicar e outra onde cantaban coas ras e os grilos. Conseguiu o premio “O Barco De Vapor” en 1985 polo seu libro “O primeiro libro de Malola” e en 1989 co seu libro “Por Barriverde e o dragón Achís”. Tamén gañou máis premios como: o premio de literatura infantil e xuvenil. ou o premio Arume de poesía da fundación Xosé Neira Vilas. No ano 2009 foi premiado por “A princesa de Taramundi”. Adicábase a ensinanza de maneira profesional.
Feito por Lucía e Valeria.