
Queremos compartir con todos/as vós a nova de que vimos de recibir o segundo premio Innovagal á innovación educativa en Galicia neste curso 2020-21.
Esta acción impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten como finalidade recoñecer o labor de centros e docentes cunha traxectoria de compromiso coa innovación educativa a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas ou organizativas que buscan dar resposta ás necesidades do seu alumnado, que cambian en función da evolución da sociedade. http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33086
Parabéns a toda a comunidade educativa e moitas grazas pola vosa valiosa implicación como familias!