Neste proxecto de fotografía, intentamos recrear como viven as persoas e animais que teñen que estar encerrados en condicións pésimas.
Quixemos transmitir todo o sufrimento que viven día a día. Os animais, teñen o dereito a vivir no seu hábitat natural e as persoas que están encerradas, polos motivos que sexa, teñen que ter unhas boas circunstancias de vida e que se respecten os dereitos humanos.
Estas fotografías están elaboradas nos distintos espazos da escola. Con axuda dalgúns compañeiros, conseguimos completar o noso traballo. Collemos a cámara fotográfica e plasmamos as nosas ideas nas fotos.
Feito por: Sofía e Sabela 6ºB