Quen era Pepa A Loba?
Segundo a lenda, crese que, a famosa bandida debeu nacer no norte da provincia de Pontevedra arredor do ano 1830. Pepa A Loba é unha figura mítica de Galicia, unha lendaria bandoleira galega. Seguindo á R.A.G da lingua, unha bandoleira é unha persoa que rouba nos camiños ou en lugares despoboados, soa ou ca súa banda.
Pepa, adquiriu a súa fama porque roubaba a persoas con poder económico e a cregos. Facíase pasar por distintos personaxes e nunca a pillaban. En festas distraía ás persoas mentres a súa banda roubaba. O seu obxetivo era axudar a os pobres. Retirouse tras o seu embarazo e aedicouse á familia ata que morreu o seu home e volveu a elo.
Un día tivo que enfrontarse a un feroz lobo, xunto co seu can, para salvar as ovellas que sempre sacaba aos prados, por iso lle chaman PEPA A LOBA.
Escritores galegos do século XIX como Emilia Pardo Bazán e Ramón María del Valle-Inclán, é moitos máis, déronlle vida a un bandoleirismo en Galicia. Escribíronse moitos libros sobre a bandoleira,un deles é un libro da colección “mulleres bravas da nosa historia” de Ledicia Costas, ilustrado por Eva Agra e editado pola editorial “urco EDITORA”.
Nerea de 6ºB