A Real Academia Galega define a fortaleza como un recinto fortificado. Na nosa escola empregamos este termo para darlle nome a un dos espazos que conforman os ambientes da comunidade de pequenos/as.
A fortaleza é un espazo inspirado na infancia, chámase así porque é parte dun castelo. Podémolo atopar no ambiente de “Construccións” da comunidade de pequenos/as do CEIP Heroínas de Sálvora.
Aos nenos/as encántalle, sempre queren ir. En canto á distribución da “fortaleza” podemos atopar os seguintes elementos: na parte inferior achamos xogos relacionados ca luz e un escondite. Na parte superior temos unha biblioteca, unha colección de caixas e bonecas/os cos dereitos dos nenas/os.
Para os nenos/as, significa un espazo para divertirse e xogar, porque xogar é a máxima expresión de aprendizaxe.
Manuel Rivas de 5º