O Apalpador

Benqueridas familias:

Como educadores/as consideramos importante recuperar as tradicións galegas e transmitirllas ao noso alumnado polo que vos pedimos colaboración para que lle abrades as portas das vosas casas a esta personaxe da nosa terra.

O Apalpador é un home barbudo, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón durante todo o ano para escorrentar o frío do inverno. No seu tempo libre o Apalpador fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón… respectuosos co medio ambiente.

O Apalpador é totalmente compatible coa visita do Papa Noel e os Reis Magos, xa que este visita as casas o 31 de Decembro. O estudo dos textos literarios onde aparece reflectida a súa presenza fala de que lle tocaba a barriguiña aos nenos e nenas para ver se a tiñan chea e lles deixaba unhas castañas para a fame.

FELIZ 31 DE DECEMBRO, FELIZ DÍA DO APALPADOR!

Moitas grazas pola colaboración.

Banco de recursos

HISTORIAS DO APALPADOR:

  1. Video documental: https://www.youtube.com/watch?v=NyrPRWOzKMw
  2. O conto do apalpador contado por nenas/os: https://www.youtube.com/watch?v=2tDGRHRNkO8
  3. Quen é o APALPADOR?: https://www.youtube.com/watch?v=SyFLTDW8C_8
  4. Mensaxe do apalpador: https://www.youtube.com/watch?v=fwXeiKrxL-A
  5. A historia do apalpador: https://www.youtube.com/watch?v=SyFLTDW8C_8

MÚSICAS SOBRE O APALPADOR:

  1. Apalpador. BRINCA VAI! de Paco Nogueiras: https://www.youtube.com/watch?v=qZPsO5m_Tns&t=5s
  2. O apalpador. Historia+canción e baile de Jesús Prado: https://www.youtube.com/watch?v=JmAfI4ucKJc
  3. Apalpador de Leandro Lamas e Roberto Grandal: https://www.youtube.com/watch?v=FjAA0ZTa8ww
  4. Apalpador de MALVELA: https://www.youtube.com/watch?v=j23sS21ziZc
  5. O apalpador de A GRAMOLA GOMINOLA: https://www.youtube.com/watch?v=P5QooJTd9j4
  6. O APALPADOR de Pablo Díaz, en TOC TOC: https://www.youtube.com/watch?v=CLmpcypeHf4
  7. Apalpador de MAMÁ CABRA: https://www.youtube.com/watch?v=knJrb58Rar8

FAMILIAS E PROFESORADO:

  1. Por que é importante falarlle aos nenos e nenas do apalpador? por ANXO MOURE: https://www.youtube.com/watch?v=k4UwqoMLfEc
  2. AS ORIXES HISTÓRICAS DO APALPADOR: https://www.apalpador.gal/quen-e-o-apalpador/orixes/
  3. RECURSOS SOBRE O APALPADOR: https://www.apalpador.gal

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: