Ruralité: intervencións artísticas no pobo

Ruralité é unha iniciativa do CEIP Heroínas de Sálvora que quere achegar a escola ao pobo e viceversa, mediante intervencións artísticas de todo tipo aproveitando os escenarios que Aguiño ofrece. A escola debe ser un motor de cambio para a sociedade, a cal debe coñecer as inquedanzas e intereses dos/as nenos/as. Os/as nenos/as pertencen a un pobo considerado coma un lugar de cultura e de vida e unha valiosa fonte de riqueza.

O proxecto “Leiras” foi a antesala que ratificou o modelo educativo do centro, apostando pola aprendizaxe significativa e
vivencial coma proposta metodolóxica en contacto ca identidade da parroquia.

Ruralité busca aproveitar espazos en desuso ou pouco habitados na contorna de Aguiño e que ofrecen un gran potencial educativo e artístico. Neses espazos os/as nenos/as presentarán proxectos e actividades relacionadas ca vida da escola. Serán intervencións itinerantes ou eventos esporádicos que poderán ser visitados con familiares. A intención é crear un roteiro que lles permita, en familia, compartir tempos de lecer, experiencias, etc, levando implícito o coñecemento do entorno inmediato.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑