Benqueridas familias!
Temos novo timbre na escola! Este cuarto timbre musical é dunha canción de Magín Blanco . “Todos somos capitáns” atópase no álbum “A nena e o Grilo nun barquiño”, do ano 2013.
Magín Blanco é un compositor, guitarrista e cantante galego. O artista é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. Comezou a súa carreira musical no grupo Ouresán “La Rosa”. Lanzou tres discos en solitario antes de adicarse á música infantil. Xunto con Ghazafellos representa “A nena e o grilo nun barquiño”, unha combinación de teatro e música, tanto en galego como castelán. en 2012 máis de trinta músicos colaboraron no disco “homenaxe doutor Apertas”.
Esperamos que disfrutedes deste novo timbre musical.
Feito por Valeria 6ºB