Rosa e Manuel

Esta quincena temos a oportunidade de gozar da canción de Andrés Suárez “Rosa e Manuel” onde se conta a historia dunha persoa con Alzheimer . Este mes de Marzo celebramos o Día da Muller adicándoo a todas as mulleres COIDADORAS: coidadoras de bebés, de persoas dependentes, de persoas maiores, de persoas enfermas…sendo un traballo INVISIBLE tradicionalmente... Seguir lendo →

Comiendote a besos

Esta quincena podemos escoitar no timbre musical a canción de Rozalen " Comiéndote a besos". Seguimos na estela de adicarlle este ano o Día da Muller ás COIDADORAS. Esta canción de amor fala dunha persoa con VIH. Merece a pena escoitar a letra con tranquilidade. Saúde e acompañamento na vida!   Estela 6ºb

Negra Sombra

Aquí deixamos unha das famosas poesías da nosa artista galega Rosalía de Castro Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si... Seguir lendo →

Aparcamentos para patinetes

Ola! somos Estela, Naia e Carla de 6º e  hoxe vamos a falar dos aparcamentos para os patinetes. Puxéronse a semana do pasado 25 de febreiro  ao 1 de marzo. Só  se utilizan os xoves e venres ,os días de pabellón no que os rapaces poden usalo. Sitúanse entre a mesa do patio e o... Seguir lendo →

MANIFESTACIÓN XUVENIL CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Hoxe, venres 15 de marzo, está convocada unha manifestación contra o cambio climático. Nela participarán máis de 1000 cidades de todo o mundo, e tras percorrer Europa durante meses, por fin chega a España. Colectivos de 50 cidades españolas sumaranse a esta vindicación de carácter internacional. A ela acudirán rapazas e rapaces de entre 10... Seguir lendo →

Proxecto Almofadas

Este proxecto foi feito por unha persoa moi especial, leva moitos anos no noso centro, amosándonos proxectos de arte e reindinvicando os dereitos dos neno\as e as mulleres. P: Ola profe Uxía! Por que  fixeches esta exposición  ? R: Hai historias que cando as coñeces quedan dentro de ti, e sentín a necesidade de contalo.... Seguir lendo →

O DÍA DA MULLER

QUE É? É un día adicado á muller e á igualdade entre sexos, celebrouse por primeira vez o día 19 de marzo de 1911 en Europa. POR QUE SE CELEBRA O 8 DE MARZO? Este día escolleuse para conmemorar un terrible suceso que se produciu en 1911; un incendio nunha fábrica de Nueva York que... Seguir lendo →

Día da Candeloria

Boa tarde! Hoxe é o día de San Valetín, pero no C.E.I.P Heroínas de Sálvora, celebramos o día da Candeloria o dous de Febreiro, día no que se namoran os paxaros. Podedes observar que a nosa pegatina ten un punto "rechamanqueiro", a idea é que o Día da Candeloria sexa unha explosión de cores .Como... Seguir lendo →

Canción do timbre musical

Esta quincena escoitamos no timbre musical a canción “Eu teño alguén “que podemos atopar dentro do proxecto MARIA FUMAÇA (Xiqui Xoque. Fiú Fiú). Esta canción está relacionada coa data do Día da Candeloria, celebrando o día do amor en Galicia. Lois e Estela 6º.  

Blog en WordPress.com.

Subir ↑