Proxecto Almofadas

Este proxecto foi feito por unha persoa moi especial, leva moitos anos no noso centro, amosándonos proxectos de arte e reindinvicando os dereitos dos neno\as e as mulleres.


P: Ola profe Uxía! Por que  fixeches esta exposición  ?

R: Hai historias que cando as coñeces quedan dentro de ti, e sentín a necesidade de contalo.

P: Canto tempo tardaches en facela ?

R: Tardei dous meses en montala porque houbo moitas dificultades ao facela a nivel técnico

P: Porque lle puxeches ese título ?

R:  Púxenlle este título porque quería ter unha palabra preñada. Esta palabra é Almo : que significa que cría, e neste contexto, que alimenta ao maltratador. Mofa: que significa, burla. Fadas: para que non nos contes contos de fadas nin de princesas para durmir. E tamén a palabra, Ás: coa que pretendemos expresar a idea de que non nos corten as ás no nome do amor.

P: Se non puideras facer esta instalación con almofadas, con que a farías?

R: Sen as almofadas non se podería facer a exposición.

P: Tes algunha anécdota desta historia?

R: Si, de feito cando fun comprar o material, tiven que coller a factura e me dixo a/o dependenta/e:

–Almofadas  para o colexio !!!

-Sí, respondinlle ao dependente.

-Camisetas para o colexio!!!

– Sí, – díxenlle de novo-. Son para o C.E.I.P Heroínas de Sálvora.

Na fila había unha muller que dixo:

–Ah, claro!

P: Que cousa non che gustou de facer esta exposición?

R: A exposición non está nun bo sitio. Teriamos que buscar un espazo onde houbera máis silencio e que nos permita interactuar mellor.

P: A fixeches ti soa?

R : Non, colaborou moita xente: a comisión de igualdade de familia, profesorado, Andrés a miña nai e os meus sogros .

P : Crees que tivo algún impacto na nosa comunidade educativa?

R: Creo que esta exposición e moi interactiva, e permitiunos poñerlle o nome ás persoaxes da historia. Tamén deu pé para poder falar da violencia de xénero. Coido que tivo moi boa acollida.

P :Que é o que máis che impactou  da historia?

R: O que máis me impactou, foi que unha muller que sufriu maltrato puidera chegar a ingresar nun psiquiátrico, e imaxinar que paría todos os días, e converter unha almofada, nun bebé.

P: Como mestra consideras positivo falar da violencia de xénero?

R:  Claro hai que falalo en todos os contextos, eu non faría isto si non pensara que non se pode mellorar como cidadáns  o mundo no que habitamos.

Estela e Lois 6

A continuación compartimos un documento que explica a exposición artística.

Fai clic para acceder a presentacion-feira-da-exposcic3b3n-das-almofadas-definitivo-para-levar.pdf

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: