Boa tarde!
Hoxe é o día de San Valetín, pero no C.E.I.P Heroínas de Sálvora, celebramos o día da Candeloria o dous de Febreiro, día no que se namoran os paxaros.
Podedes observar que a nosa pegatina ten un punto “rechamanqueiro”, a idea é que o Día da Candeloria sexa unha explosión de cores .
Como xa vos adiantamos, este curso titúlase “ÁS”, relacionando esta data na que casan os paxariños coas ÁS da libertade que nunca deben ser cortadas no nome do AMOR.
Sería interesante ler tranquilamente os versos en portugués que se inclúen no cartel, senón entendedes algunha palabra pódense utilizar os traductores da rede.
Feliz día da Candeloria!
Saúde e amor sempre con ÁS.
Lois Filgueira 6º

Temos unha caixa de investigación dos Petos da Señora Loreto, o noso desexo hoxe no Día da Candeloria, é que nos petos da vida sempre recibamos unha carta de amor.
dav