- QUE É?

É un día adicado á muller e á igualdade entre sexos, celebrouse por primeira vez o día 19 de marzo de 1911 en Europa.
- POR QUE SE CELEBRA O 8 DE MARZO?
Este día escolleuse para conmemorar un terrible suceso que se produciu en 1911; un incendio nunha fábrica de Nueva York que provocou a morte de máis de 140 persoas, a maioría delas, mulleres.
Celébrase para conmemorar o papel da muller na achega da igualdade e loita polos dereitos. Ao longo da historia, sempre se recoñeceron máis os feitos dos homes que os das mulleres, inda que houbo moitas mulleres que fixeron ou descubriron moitas cousas. So unhas poucas chegaron a ser mundialmente coñecidas, e, aínda que así fora, nunca serían tan recoñecidas coma un home.
En Galicia, o 7 de decembro de 1857 tres ou catro mil mulleres comezaron unha protesta na Fábrica de tabacos da Coruña. Estas traballadoras lanzáronse contra os seus xefes, destruíndo as novas máquinas para picar tabaco e botando ao mar parte da produción, esta sería a primeira folga de mulleres na nosa comunidade.
Noa 6º
Estamos elaborando unhacaixa de investigación sobre mulleres pioneiras.
Coascaixas de investigación de monumentos, de Hunderwasser e Mondrian traballamos e reinvindicamos, entre outras cousas, o papel da muller na arquitectura, na construcción dunha sociedade, dun pensamento colectivo.
Coa caixa de universo, das formigas e do cerebro reinvindicamos o espazo da mullerna ciencia.