Aquí deixamos unha das famosas poesías da nosa artista galega
Rosalía de Castro
Cando
penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
É aquí deixamos o link da canción Negra Sombra feita por Carlos Nuñez e Luz Casal.
Un saúdo dende a editorial Lucía e Irene de 4ºB , Estela e Carla de 6ºb.

Temos unha caixa de investigación sobre Fadas, desexamos visibilizar as mulleres escritoras, inventando multitude de contos. Temos outras caixiñas con máis habitantes que tamén son fonte de inspiración para contar historias: trasnos,…Súmanse as de mitoloxía.