Esta quincena temos a oportunidade de gozar da canción de Andrés Suárez “Rosa e Manuel” onde se conta a historia dunha persoa con Alzheimer .
Este mes de Marzo celebramos o Día da Muller adicándoo a todas as mulleres COIDADORAS: coidadoras de bebés, de persoas dependentes, de persoas maiores, de persoas enfermas…sendo un traballo INVISIBLE tradicionalmente feminizado, que en moitas ocasións fai renunciar a moitas mulleres a unha traxectoria profesional e ao seu tempo persoal.
Recomendamos que se visualice o vídeo que acompaña esta canción, xa que relata unha historia que podería ser a vida de moitas persoas coidadoras.
Estela e Carla de 6ºb

