O alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida Navasqüés, quere eliminar os rostros das quince mulleres representadas na parede dun polideportivo do distrito da Cidade Lineal (Madrid), que forman parte da historia pola súa loita pola igualdade. O mural foi pintado por Jorje Nuño, que é un artista do colectivo Unlogic Crew, o cal afirmou nunha... Seguir lendo →
A fortaleza
A Real Academia Galega define a fortaleza como un recinto fortificado. Na nosa escola empregamos este termo para darlle nome a un dos espazos que conforman os ambientes da comunidade de pequenos/as. A fortaleza é un espazo inspirado na infancia, chámase así porque é parte dun castelo. Podémolo atopar no ambiente de “Construccións” da comunidade... Seguir lendo →
O Apalpador
Benqueridas familias: Como educadores/as consideramos importante recuperar as tradicións galegas e transmitirllas ao noso alumnado polo que vos pedimos colaboración para que lle abrades as portas das vosas casas a esta personaxe da nosa terra. O Apalpador é un home barbudo, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón durante todo... Seguir lendo →
Creando poemas
Este é a nosa primeira creación con poesía. Foi unha experiencia moi boa, porque nos puxemos na pel dun escritor. No colexio hai nenos,no colexio hai nenas,todos se divirten todos felices. Despois de xogar,todos a traballar,todos estudan,todos a bailar. Os profesores felices,os nenos sen berrar,sen nenos berrando,todos a xogar. Os profesores falan,os nenos ao seu,todos... Seguir lendo →
O programa da comedia
A continuación ides ver un programa versado arredor da comedia. No mesmo,Begoña Gude Campaña, Candela Xamardo Resúa e Marta Teira Alvite, fixemos chistes e un monólogo criticando en xeral o sistema educativo. Esperamos que vos guste.
Proxecto sobre a ANPA
A continuación poderedes ver un proxecto creado antes da pandemia sobre a nova ANPA do noso colexio. Nel entrevistamos a Jony, o novo presidente, tamén a Elsa, a artista que diseñou o logo da nova ANPA. Agradecemos a colaboración do supermercado Etelvina e da ANPA.
Entrevista a Yoni Cazador
Presentamos unha entrevista feita a Yonatan Cazador. Nela fálanos da súa vida como feirante. Agradecer a Nerea que foi quen o entrevistou e a Santiago que foi o encargado do equipo técnico. Yonatan Cazador
Couso: arte en fotografía
As imaxes completan en moitas ocasións instantáneas para a vida. Axudan á memoria a romper o tempo e deter en segundos os recordos do pasado que seguen presentes no futuro. Tomamos fotografías porque queremos plasmar historias que contar, porque queremos facer poesía vivida e contada con imaxes, porque queremos reflexar as nosas inquedanzase intereses,... Seguir lendo →
CREARTE
Estas fotos fixémolas Marta Lois, Nerea Tomé e Alba Martínez de 6ºB. Para que vexades un pouco da creatividade dos/as nenos/as, esperamos que vos guste. Fixemos a montaxe da exposición na nosa escola para que os nosos compañeiros/as poidan desfrutala!
Cousas que pasan na nosa escola
Neste proxecto ides ver algunhas fotos que David García e Martín Segade de 6ºB fixeron a algunhas cousas que pasaron na nosa escola ao longo de 3 días. Neste proxecto fotografiamos a todas as comunidades do noso cole, a comunidade de pequenos, medianos e maiores. Inspirámonos en fotógrafos como Chema Madoz e Joel Meyewitz. O... Seguir lendo →























