Cousas que pasan na nosa escola

Neste proxecto ides ver algunhas fotos que David García e Martín Segade de 6ºB fixeron a algunhas cousas que pasaron na nosa escola ao longo de 3 días. Neste proxecto fotografiamos a todas as comunidades do noso cole, a comunidade de pequenos, medianos e maiores. Inspirámonos en fotógrafos como Chema Madoz e Joel Meyewitz.

O día a día da nosa escola é diferente aos demais colexios, por exemplo, non hai exámenes, temos ambientes cada semana (que son tipos de clases nas que nos ensinan o mesmo que outros colexios pero en vez de poñer todas as materias nunha soa clase de titoría ensínannos por unha clase cada semana) . Ao rotar de clase tamén rotamos de materia, a nosa clase chámase: Teoremas (que é a clase de matemáticas) , tamén temos Rosalías (que é a de lingua castelá e galega), tamén Teselas (artística), Editorial (comunicación e lingua galega), e a última e Gaia (ciencias). As outras clases como inglés, E.F. ou música non son ambientes para a comunidade de maiores.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: