As imaxes completan en moitas ocasións instantáneas para a vida. Axudan á memoria a romper o tempo e deter en segundos os recordos do pasado que seguen presentes no futuro.
Tomamos fotografías porque queremos plasmar historias que contar, porque queremos facer poesía vivida e contada con imaxes, porque queremos reflexar as nosas inquedanzase intereses, en difinitiva queremos INMORTALIZAR os momentos vividos dende a perspectiva dun/ha neno/a.
COUSO: ARTE EN FOTOGRAFÍA é unha das novidades da Editorial. Neste espazo os nenos e nenas do colexio crean proxectos artísticos a través de imaxes inspirandose en referentes da fotografía, amig@s e amosando a súa propia creatividade. Todos os proxectos creados polos/as nenos/as son ubicados nos espazos de exposición que poderedes atopar polos pasillos do colexio e na Editorial.
Como nenas que somos, iniciarnos na fotografía gustounos moito. Plasmar instantáneas dende a óptica dunhas nenas é algo marabilloso. Non sabíamos que unha fotografía puidera transmitir tanto.
Autoras: Ana e Adriana de 6ºA.