OBRADOIRO DE IGUALDADE

No Obradoiro de igualdade, interpretamos co corpo e con disfraces a historia dunha muller que loitou pola igualdade e intentou cambiar o mundo.

A nós gústanos moito, porque nos divertimos interpretando, e ao mesmo tempo aprendemos a valorar o que outras mulleres fixeron e polo que loitaron.

Algunhas das mulleres que xa foron traballadas neste obradoiro son: Maruja Mallo, unha pintora da época Franquista, Concepción Arenal , revolucionaria que disfrazábase de home para poder facer as cousas que non podían facer as mulleres (para estudar, publicar, asistir a reunións políticas, literarias…)., as irmáns Bolboreta ,que foron arrestadas porque unha das irmans non queria bailar co dictador daquela época, e Emilia Pardo Bazán , era unha moi boa escritora do século XVIII XIX e lle insultaban por ser muller.

Todas foron importantes pero este ano ofrecemos especial interese pola vida e obra de Concepción Arenal por ser muller galega, estar de 200 aniversario e estar relacionado co proxecto da Editorial. Como ela ben dixo, “todo é imposible mentras o pareza”.

Irene 5ºB Bruno 4º

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: