TTM: proxecto fin de etapa

As  siglas TTM significan ” Traballo de Transformación do Mundo”. Neste proxecto participan os nenos e as nenas de 6º,e as persoas encargadas de coordinalo son a titora de 6º e Uxía. O primeiro curso que elaborou estos proxectos de final de etapa,no ano 2016-2017.

As modalidades  de participación son o traballo individual,o traballo en equipos e o traballo en gran grupo. 

O  traballo individual, partimos dunha necesidade detectada no noso entorno, e logo dunha reflexión intentamos cambiala. Exemplos: o mal estado nas beirarrúas, o lixo nos bosques, o feminismo…

O traballo en equipo,partimos dunha temática de interese como por exemplo a muller no deporte,os dereitos das nenas e dos nenos ou o abandono animal, realizamos unha revisión bibliográfica e webgráfica , e presentámolo nun formato artístico.

O traballo grupal, eleximos unha temática de especial sensibilidade no noso entorno como por exemplo a desgaleguización,o racismo…, e creamos unha campaña-invitación para concienciar primeiro aos nosos/as compañeiras e compañeiros, e en segundo lugar a escolas próximas a nós.

Para nós, como nenos e nenas, sentímonos afortunados e afortunadas por ter esta oportunidade de cambiar o mundo. Cremos que si cada cidadán continúa poñendo unha areiña, faremos xuntos unha gran e preciosa praia ou que ben sendo un mundo mellor.

Ana Sueiro e Iago Arnoso

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: