EXCURSIÓN A LUGO

Cando nos espertamos pola mañá, sentimos unha sensación moi rara, tivemos que entrar á escola máis cedo, o habitual é entrar ás 9:00 e ese día entramos ás 8:50, alí reuniámonos na praza das Lúas, chegaron os autobuses e saímos os nenos / as de 5º e 6º para Lugo.

Pasaron moitas cousas, xente mareada, falando, sacando fotos, durmindo e tamén vimos unha película. Cando chegamos, fomos camiñando cara o museo provincial de Lugo, alí, vimos as paiozas onde vivía a xente dos montes.

Un tempo máis tarde comemos debaixo dun mercado, cando terminamos fomos para a catedral de Lugo, pero tivemos que irnos, porque para os colexios que non eran de Lugo custaba diñeiro entón fomos recorrer un cacho da muralla romana, logo baixamos por unhas escaleira e chegamos a uns parques, sacamos fotos e divertímonos moito.

Despois dun tempo, fomos para o albergue A Reboleira e preparamos as habitacións. A dos nenos era un pouco máis pequena, entón non collían todos e algúns foron para a das nenas. Un tempo despois, fomos para cear e montamos unha festa tremenda, bailamos, xogamos, comemos e etc.

Ó día seguinte, os chicos espertaron as chicas e os profes mandáronnos espertar e arranxarse. As nenas quedamos no cuarto a falar, logo arranxámonos e fomos almorzar, e un tempo mais tarde, fomos cara o albergue a lavar os dentes e coller as maletas. Cando acabamos, fomos ao autobús e deixamos as maletas ,despois fomos a facer unha andaina íamos facer 9k m pero fixemos 11 km. Cando acabamos, fomos a o centro comercial As Termas a comer. Déronos 10 € a cada un para comprar a comida e algún recordo deste día. Reunímonos sobre as 17:00 para marchar cara o bus. No bus, non pasou nada interesante, case todos ían durmidos. Cando chegamos ó colexio, estaban todos os pais / nais esperándonos, baixamos do bus, collemos as maletas e fúmonos para á casa. Na casa contámoslle todo a nosos pais / nais.

“FOI XENIAL”

Ana de 5ºA e Álvaro de 5ºB

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: