Ola boas, son María de Mixto E e vouvos a falar sobre o que é o proxecto "Ruralité" porque durante estas semanas os nen@s que estivemos en Editorial deixamos expostas as nosas dúas primeiras intervencións artísticas no exterior. “Ruralité”, é unha iniciativa que quere achegar a escola ao pobo e viceversa, mediante intervencións artísticas de... Seguir lendo →
BIOGRAÍA O LAXEIRO
O Laxeiro en realidade chamábase, Xosé Otero Abeledo. Naceu no lugar de Donramiro, na vila pontevedresa de Lalín, o 23 de febreiro de 1908. Xosé era o maior dos 7 irmáns dunha familia de labregos. Seus pais emigraron a Cuba e Laxeiro quedou a cargo dos seus avós. Despois dunha estancia en Cuba volveu a... Seguir lendo →
ENTREVISTA A MANOLA
Ola a todo o mundo! Somos Eloi Rego Piñeiro, Martín Mariño González e Samuel Fernández del Yelmo. Hoxe fixémoslle unha entrevista a Manola Rodríguez Sampedro, unha mestra do centro C.E.I.P Heroínas de Sálvora que leva 27 anos dando clases no noso centro. Fixemos esta entrevista para que os nenos/as doutros colexios saiban como son os mestres/as... Seguir lendo →
VIDEOCLIP
Ola! Somos María, Paula e Susi. Quixemos facer un baile dunha canción das Tanxugueiras chamada “Terra”, porque pareceunos interesante que cantaran en galego. Tamén inspiramonos no baile que fixo a nosa profe de música Sonia. Esperamos que vos guste. Adeus!
LUGARES TURÍSTICOS DE AGUIÑO
Bos días! Son Andrés González Rego e hoxe vou presentarvos os mellores lugares que ofrece Aguiño. Fixen isto porque quería ensinarvos os mellores lugares de Aguiño así aprendín a usar Canva e coñecer mellor Aguiño. lugares-turisticos-de-aguino-1Descarga\t Ata outra !
QUE É EDITORIAL?
Ola a todos e todas. Hoxe exlicareivos que é Editorial, un dos nosos ambientes de aprendizaxe. A Editorial é un ambiente do CEIP Heroínas de Sálvora. Este ambiente é onde se desenvolve a comunicación, a lectura, a escritura e a utilización da tecnoloxía. No noso colexio temos máis ambientes como: Gaia, Teoremas, Rosalías... O meu ... Seguir lendo →
A CONTAMINACIÓN MARIÑA
Ola, somos Juan, Sergio e Brais. Estamos facendo este proxecto porque a contaminación preocúpanos moito. Aguiño é un pobo mariñeiro por iso quixemos facer este traballo sobre a contaminación do mar. Sabemos que hai varios tipos de contaminación mariña: o lixo, as augas residuais, os combustibles, a radiación, etc. Nós imos falar da contaminación producida polo ... Seguir lendo →
AUDIOBIOGRAFÍA DE ISABEL ZENDAL
Bos días, somos Ana e Sara de mixto F e hoxe vamos a presentarvos unha audiobiografía de Isabel Zendal feita por nós. Quixemos facer este proxecto porque nos pareceu moi intrigante. Antes de facer esta audiobiografía non sabíamos casi nada de Isabel, pero agora sabemos un montón de cousas e esperamos que vós aprendades con... Seguir lendo →
Como comezou o machismo
Ola!, somos Daniel D. e Martín de Mixto D e hoxe imos a falar sobre como comezou o machismo, repasaremos dende os seus inicios ata a actualidade. Decidimos facer este proxecto dado que a ambos nos interesa moito este tema e sabíamos moi pouco. Agardamos que vos guste. Por Martín e Daniel Delfín
CONTACONTOS
Somos Yeray e Adrián de mixto D. Decidimos crear un contacontos partindo do libro "Alicia no País da Marabillas" do artista Charles Lutwidge Dodgson, máis coñecido como Lewis Carroll. Esperemos que vos guste!!! Clik aqui. https://drive.google.com/file/d/1Vic0b-eVFKr3gbVQi1EZMnSJz5Jo2Yc9/view?usp=sharing























