
O Laxeiro en realidade chamábase, Xosé Otero Abeledo. Naceu no lugar de Donramiro, na vila pontevedresa de Lalín, o 23 de febreiro de 1908. Xosé era o maior dos 7 irmáns dunha familia de labregos. Seus pais emigraron a Cuba e Laxeiro quedou a cargo dos seus avós. Despois dunha estancia en Cuba volveu a Lalín e montou unha barbaría onde comezou a facer retratos dos seus clientes. Casou co Luísa Villamarín coa que tería unha filla, Mari Cruz. Desemvolveu a súa carreira artística principalmente en Bos Aires, na Arxentina. A súa volta a España, en 1970, instalouse en varios sitios como Madrid, Lalín e Vigo, cidade na que faleceu en 1996. Formou parte dos denominados “Os Renovadores”, un grupo de artistas galegos que quixeron modernizar a arte galega e do que formaban parte Maside, Colmeiro, Seoane, Souto, Torres…
Laxeiro foi recoñecido ao longo da súa vida con moitos premios: Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro de Vigo, a da Bienal de Pontevedra… e neste ano é o artista homenaxeado no Día das Artes Galegas.
ALGUNHAS OBRAS:
Maternidade ( 1966 )
Retrato ( 1980 )
Os Deuses ( 1970 )
Xián Pérez Martínez