QUE É EDITORIAL?

Ola a todos e todas. Hoxe exlicareivos que é Editorial, un dos nosos ambientes de aprendizaxe.

A Editorial é un ambiente do CEIP Heroínas de Sálvora. Este ambiente é onde se desenvolve a comunicación, a lectura, a escritura e a utilización da tecnoloxía. No noso colexio temos máis ambientes como: Gaia, Teoremas, Rosalías… O meu  ambiente favorito é Editorial porque  podemos usar máis a imaxinación e facer cousas como obras de teatro, entrevistas, etc. O profe de Editorial é Siño e ás veces está acomapañado por outro profe.

Os pasos para facer un proxecto en Editorial son: 

1. Elixir se traballamos con alguén ou non. 

2.  Eliximos o espazo onde imos traballar. 

3. Eliximos o tema. 

4. Poñémonos a traballar. 

iE iso é todo!

Nerea Vázquez Insua

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: