Ola boas, son María de Mixto E e vouvos a falar sobre o que é o proxecto “Ruralité” porque durante estas semanas os nen@s que estivemos en Editorial deixamos expostas as nosas dúas primeiras intervencións artísticas no exterior.
“Ruralité”, é unha iniciativa que quere achegar a escola ao pobo e viceversa, mediante intervencións artísticas de todo tipo aproveitando os escenarios que Aguiño ofrece.A primeira exposición atópase no expositor exterior do Eroski. Alí podedes ver o proxecto “Planeta Verde” . A segunda exposición atópase no expositor exterior da igrexa. Ides poder ver o proxecto “Destapa a túa cara, non teñas medo”.
A finalidade deste proxecto é que xente do pobo poda ver os proxectos que facemos na escola. Agardamos que os visitedes e que vos gusten.
Seguiremos informando de novidades!!!









