Ata o vindeiro curso

Palabras grandes, medianas e pequenas, que falaron de acontecementos importantes durante todo o curso das tres comunidades do CEIP Heroínas de Sálvora. Palabras faladas, cantadas, escritas, gravadas, pintadas… que expresaron sentimentos conectados coa contorna máis próxima. Palabras curiosas, comprometidas, vivas… que investigaron sobre diversos temas e deixaron a súa pegada de transformación dende a mirada da propia infancia. Palabras rugosas, lisas, suaves, amables, faladoras, silenciosas… que explicaron como é a nosa escola dende o ollar de quen a constrúe diariamente coas súas aportacións de nenos e nenas.

Palabras presentes e palabras futuras por escribir fan da Editorial un espazo de vida en construción…

Ceip Heroínas de Sálvora

#escolavivaecomprometida

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: