CRÓNICA DA SAÍDA A ALLARIZ

Ola,  son Nerea de 6ºB e vou falar sobre a saída que fixemos as/os nenas/os o día 7 de xuño a Allariz, un pobo de Ourense.

É un pobo moi bonito. Saímos as 8:30. Alí fixemos unha actividade de rastrexo de diferentes obxectos arredor da igrexa de Santa Mariña das Augas Santas. Antes de comer realizamos unha pequena camiñata mentres o monitor nos ensinaba diferentes sitios onde aconteceron diferentes episodios da lenda de Santa Mariña. Fomos a unha sauna subterránea moi antiga.

Á hora de comer, o fixemos nun campo ao carón do río Arnoia. Ao remate, fomos a unha granxa de ovellas onde tamén facían un queixo chamado “O Rexo”. Cando acabamos na granxa fomos visitar o pobo de Allariz. Merendamos nun campo antes de irnos. Logo dun par de horas de viaxe, chegamos a Aguiño as 21:00 aprox.

Aquí vos deixo un resumo da lenda:

LENDA

A  lenda de Santa Mariña conta que Mariña era unha nena que creceu sen nai porque esta morrena no parto. O pai, era un gobernador romano, que asinou a unha escraba para que a criara. A escraba era católica e criou a Mariña na relixión católica. Cando o pai se dou conta de que Mariña tamén era católica abandonouna. Un día Mariña estaba sentada nunha pedra e pasou un romano e namorouse dela. Cabe aclarar que a Mariña non lle gustaba. El seguía detrás dela e non lle facía caso. Un día o romano cansouse e empezou a torturala. Torturouna de moitos maneiras pero as máis coñecidas polos veciños son tres: unha vez,  atouna de pes e mans e meteulle a cabeza na auga para afogala pero ela seguía respirando. Outra vez intentou queimala na nunha sauna subterránea (a que vos falei antes), pero dise que Sampedro colleu un pau e fixo un burato polo que Mariña saleu co fume e foise apagar a unha viñeira na que había auga. Pero o romano cansouse e decidiu cortarlle a cabeza. Cando lle cortou a cabeza, esta dou tres botes e mentres dixo tres veces a palabra CREO. Nese momento apareceron as tres fontes de Santa Mariña das augas santas.

Nerea Tomé 6º

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: