Elisa Patiño, primeira muller galega en pilotar un avión.

Elisa Patiño Meléndez tamén coñecida polo alcume “Chichana”, naceu en Pontevedra en 1890 .Tivo un irmán chamado Eduardo. Foi unha aviadora española e tamén a primeira muller galega en pilotar un avión.

Iniciouse na aviación con José Piñeiro González ao que acompañou en varias demostracións co monoplano Blériote, voou por primeira vez soa o 12 de outubro de 1913, na praia de Baltar en Sanxenxo. Nunca chegou a obter o título de piloto.

Como pertencía a unha familia da nobreza, a súa formación enfocouse na música e nas artes, tocaba o violín, cantaba e pintaba. Comenzou varios negocios como un muíño de fariña, unha fábrica de gaseosas e unha liña de autobuses.

En agosto de 1916 Elisa casouse en Ponte Sampaio con Enrique Alcaraz Díez, foi nai en xuño de 1917 de Lucía e faleceu en Pontevedra o 12 de abril de 1919 con 29 anos pola pandemia da gripe.

Webgrafía: http://www.traveler.es, es.wikipedia.org, http://www.diariodepontevedra.es.

María Gude Pena 5º

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: