Ada Lovelace,apaixonada das matemáticas.

Ada Lovelace naceu o 10 de decembro de 1815 en Londres, foi filla única da matemática Anna Isabella e do poeta Lord Byron. En 1824 morreu o seu pai con 36 anos.

Cando tiña 18 anos coñeceu a Charles Babbage. Era a única persoa que compartiría a súa afección, en moi pouco tempo fixéronse amigos.

En 1834 coñeceu a William Lord King que se encargaba de ensinarlle as matemáticas. Aí foi cando ela se decatou que a súa paixón eran as ciencias exactas. O 8 de xullo de 1837 casaron. Tiveron tres fillos: Byron, Anne Isabellla e Ralph Gordon.

En 1841 Charles e Ada traballaron xuntos, ela comezou traducindo un artigo de Luigi Federico Menabrea. Chamou ao seu traballo “Notas”, que consistía no seu estudo sobre a máquina analítica. Charles asesorouna, pero Ada foi a autora dese traballo.

Ada morreu o 27 de novembro de 1852 con 36 anos en Londres.

Webgrafía: Wikipedia.org

Iria Millares Vidal 5º

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: