A editorial é un ambiente onde os nenos/as do C.E.I.P Heroínas de Sálvora creamos os nosos propios proxectos. Componse de catro espazos: A Radio salvora que nela facemos: audio contos, noticias etc, Carreiro novas que e ela facemos prensa escrita e prensa dixital. Heroínas TV que nela facemos vídeos, e por ultimo arte en Fotografía que en ela facemos fotos sobre arte. Neses espazos aprendemos a usar a tecnoloxía, a escritura e a lectura. Tamén practicamos a autonomía e a toma de decisión. E poñemos en práctica o traballo cooperativo entre os compañeiros/as do colexio. E por ultimo bos deixo as plataformas que utilizamos habitualmente na Editorial.
Canva.com: onde traballamos deseños de todo tipo de cartaces, folletos, publicidade…
Audacity:onde se pode gravar e editar os programas en mp3.
Filmora:é un editor audiovisual para crear vídeos.
Ivoox: é unha web que deixa subir os podcast creados.
Youtube: é unha plataforma onde albergamos os novos vídeos.
E agora vos deixo unhas fotos de proxectos que fixemos ao largo do trimestre no colexio.
Jesús Cazador 5º