O 24 de febreiro festéxase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, que foi unha poetisa e novelista galega. Naceu fai 184 anos en 1837 en Santiago de Compostela, e morreu o 15 de xullo de 1885 en Padrón. Rosalía de Castro é moi importante para os galegos e galegas xa que devolveu a súa lingua ao prestixio que merece. As súas obras máis importantes son:
CANTARES GALLEGOS,publicouse o 17 de maio de 1863 en Vigo, é unha obra que narra a historia do pobo galego, esta obra está escrita en galego. FOLLAS NOVAS, Publicouse en 1880, esta obra está escrita en galego. EN LAS ORILLAS DEL SAR, Publicouse en 1884, esta obra está escrita en castelán.
Neste trimestre imos levar a cabo dende o ambiente de Sereas un proxecto sobre os paxaros pois o seu canto está presente nas nosas vidas. Tamén porque o 2 de febreiro foi o día da Candeloria, que é o día no que os paxaros casan. Os paxaros están moi relacionados ca música, moitos compositores utilizan aos paxaros coma fonte de inspiración.
A Rosalía gustáballe moito a natureza e os paxaros, de feito, hai moitos poemas que falan destas temáticas na súa obra. No proxecto dos paxaros traballaremos un dos seus poemas máis coñecidos: Alborada.
Sabela Millares 5º
