VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemórase o día Internacional da Eliminación da Violencia de Xérero contra a Muller, é un día para que todas as mulleres do mundo  fagan visible a violencia de xénero.

Esta data foi elexida en honra ás dominicanas Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, tres irmás asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orden do ditador Rafael Leónidas Trujillo, do que eran opositoras. Anos máis tarde, en 1999, a ONU  sumou a xornada reinvindicativa e declarou o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, na honra das irmás Mirabal.

Os homes do autócrata golpeáronas ata a morte e metéronas dentro dun coche para simular un accidente. Nunca houbo dúbida de que se trataba dun delito. O asasinato das irmás Mirabal, coñecidas como “As Bolboretas”, foi un dos desencadeantes da caída de Trujillo.

A cor morada é a cor internacional do movemento pola igualdade de dereitos e por iso foi adoptada coma a da violencia de xénero. Ao longo do ano tanto mulleres coma homes xúntanse para levar a cabo protestas contra a violencia de xénero tinguindo as rúas de todo o país de cor morado, simbolizando a fortaleza das mulleres.

As víctimas de violencia de xénero do 2020 en España son 42, non denunciaron 35 e foron agredidas pola súa parella 30. Este dato foi tomado do Ministerio de Sanidade. No noso colexio creouse un contador onde aparecen a cantidade de mulleres asasinadas ao longo do ano.

Nestos últimos días morreu Diego Armando Maradona, un xogador de fútbol importante en España e Arxentina, ten denuncias por violencia, por paternidade non recoñecida, por violencia de xénero e acoso sexual. No partido de fútbol femenino, no campo da cidade deportiva de Abegondo, en A Coruña, Paula Dapena unha futbolista galega volteouse e sentouse no campo, rompendo a fila que formaban as súas compañeiras durante o minuto de silencio en memoria de Maradona. Ante o revuelo que xurdeu comentou que “O xoves foi o 25-N, día da eliminación contra a violencia sexual, non houbo un minuto de silencio pola miña parte, para honrar a un xogador como Maradona, que ten sinais de violencia e pederastia, non me sentía cómoda facendo”.

Como nenas que somos, queremos dar a nosa opinión e amosar o noso rexeitamento á violencia de xénero. Entre todas nós temos apoiar e animar ás mulleres ou nenas que están sufrindo ou sufriron agresións, a denunciar e apoialas neste duro camiño.

Webgrafía consultada:

Feito por Sabela e Erea de 6ºB

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: