Novas do patio, cada parcela terá un capacho con xogos

Unha novidade deste diferente ano son as parcelas do patio. Por culpa do protocolo Covid o patio está dividido en catro partes. Nesas catro zonas están cada unha das parcelas nas que se divide o patio. En cada parcela hai un capacho con xogos diversos para cada zona.

Por que se puxeron as parcelas?

As parcelas puxéronse por todo isto da Covid-19. Fixose o Protocolo Covid, que impide que os cursos non se poidan xuntar os uns cos outros. De aí sairon as parcelas.

Fai unhas semanas fixeron catro capachos con xogos, un por parcela. Ao haber catro parcelas diferentes hai xogos axeitados para cada superficie, tanto herba como cemento.

Na primeira  zona hai estes xogos:

– Bola

– Lo-los

– Xogo cricket

– Diablo

– Xogo de lanzar

– Cordas

Na segunda zona estes:

– Canicas

– Táboa balancín

– Cordas

– Cinta equilibrio

– Xogo música

– Campás

Na zona número tres hai estes:

– Peóns

– Zancos madeira

– Zancos plástico

– Xogo golf

– Kitts obserbatorio bichos

– Cordas

E por último a zona catro ten estes:

– Aros

– Saltarín

– Xogo cricket

– 1 aro de metal(falta pau)

– Xogo bolos madeira

– Xogo de lanzar

– Vento

– Casta-bola

– Cordas

– Rocodromo

Feito por Álvaro

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: