Este curso acondicionamos en todos os ambientes da escola un espazo denominado o “PUNTO HEROÍNAS” Nestes ofrecemos referentes de mulleres nos distintos ámbitos do coñecemento conectados coas distintas identidades, mulleres invisibles no pensamento colectivo, a nivel local, galego, estatal e internacional. Cada Punto Heroínas é distinto (fondos bibliográficos, recursos, ilustracións, obxectos) pero todos teñen en común a finalidade do compromiso coa perspectiva de xénero e o desenvolvemento do noso Plan de Igualdade e Diversidade.
Exemplos de referentes no Punto Heroínas por identidades nos distintos ambientes son:
- Lingua e literatura:Rosalía de Castro, Yolanda Castaño, Filomena Dato, Victoria Moreno, Ana María Fernández…
- Artística: Maruja Mallo,Angela de la Cruz, MªAntonia Dans, Xulia Minguillón; Isabel Quintanilla, Frida Khalo, O´keeffe,.. Louise Bourgeois,Tarsila do Amaral, Lempicka, Yayoi kusama,Beatrix Potter, Cassat, , Sonia Delaunay, Remedios Varo, Leonora Carrington, Niki de Saint Phalle, Lita Cabellut…
- Científica: Angeles Alvariño, María Wonenburger, Hipatia, Marie Curie, Rita Levi Montalcini…
- Lóxica-Matemática: Ada Lovelace, Hipatia de Alexandría, Emmy Noether, Mary Cartwright
- Arquitectura:Pascuala Campos, Milagros Rey, Carme Pinós, Carme Pigen, Lina Bobardi, Zaha Hadid, Kazuyo Sejima, Matilde Ucelay, Signe Hornborg….
- Lingua extranxeira: Diane Fossey, Jane Goodal, J.K Krowling…
- Educación Física: Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid, Irene González Basanta, Chus Lago, Ana Peleteiro, Vero Boquete, Marta Bobo, Vanesa Sotelo, Vanesa Rial, María Vilas…Larisa Latinina, Billie Jean King, Nadia Comaneci…
- Editorial: Concepción Arenal, Sofía Casanova, María Luz Morales, Angela Rodicio…
- Música: Carmen Rey, Guadi Galego, Sofía Espiñeira, Sés, Rosa Cedrón, Najla Shami, Marga Ramos,Cristina Pato, Olga Brañas…
- Artes escénicas: María Casares, Uxía Blanco, Mabel Rivera, …
- Biblioteca : As Marías galegas ( Balteira, Castaña, Soliña, Pita…)
- Anpa: Heroínas de Sálvora.
No ambiente de Aquelar (identidade vida cotiá: doméstica e comunitaria) no Punto Heroínas creouse un espazo de “ Faiados: os nosos albumes”, onde se pediu colaboración ás familias para que traían fotos de mulleres das súas familias salientando aspectos da súas vidas, poñendo en valor o legado das mulleres das nosas familias e parroquia.
O punto Heroínas enmárcase dentro do Plan Proxecta ” Donas de si”, titulándose o proxecto: “Faiados: coSER”. A obre elexida para este cartaz é do artista Mario Granell.
