
Moitos/as dos/das nosos/as mestres/as realizan viaxes formativas ao longo do ano para traer novas ideas e puntos de vista a nosa escola. Nesta pequena entrada presentaremos as máis actuais.
As mestras Manola e Uxía viaxaron a Italia para visitar catro escolas, elas, xunto con varios mestres/as participan no proxecto “Erasmus+”, mentras a mestra Vanesa e o mestre Siño viaxaron pola súa conta a outras dúas escolas en Barcelona.
“MANOLA E UXÍA”
Manola e Uxía viaxaron durante unha semana, do 10 ao 16 de febreiro do 2020. Foron a catro escolas de Módena,unha de infantil,dúas de primaria e unha de secundaria. En Reggio Emilia visitaron un centro de interpretación de Loris Malaguzzi, ideas da nosa escola veñen deste home. Unhas das ideas máis inspiradoras é que apostan ao cen por cen pola arte, xa que din que os nenos e nenas teñen cen linguaxes.
A experiencia de Uxía foi moi enriquecedora, e tamén a de Manola, e a súa reflexión é “que ir a escolas que tamén apostan polo cambio do método tradicional é moi enriquecedor”. Un feito salientable foi que lle levaron música, libros e autocolantes en galego o cal provocou ledicia e entusiasmo entre os nenos/as da escola italiana.
“SIÑO E VANESA”
SIÑO E VANESA
Siño e Vanesa viaxaron o mércores 13 e volveron o venres 16 de novembro do 2019. Asistiron a dúas escolas que se chaman Dels Encants e a Escola Univers. Ambas son de infantil e primaria. A visita foi moi enriquecedora porque “puidemos aprender de outros compañeiros e compañeiras diferentes propostas educativas”. Abríronlle as portas da súa escola e iso gustoulles moito,puideron convivir e compartir cos/as nenos/as experiencias moi gratificantes.
Ana Sueiro 6º e Bruno Boo 4º