Benqueridas familias! Hoxe queríamos informarvos que xa empezamos ambientes e que o timbre musical cambiou. Este curso comezamos escoitando “Unha noite na fraga”,do músico galego Pedro Lamas. Agora o timbre musical cambiou e titúlase “A fábrica de luz”. A canción esta interpretada por un grupo de mulleres que formaron unha banda chamada A Banda da... Seguir lendo →
Fotografía dos nosos cans
Este é o noso primeiro proxecto en “Couso:arte en fotografía “. Facémolo porque nos gustan os cans e a fotografía. Aprendemos a sacar fotos desde diferentes ángulos e a xogar ca luz. Esperamos que vos guste o noso proxecto!!!. Xela,Sara e Lucía 4º Primaria
Volta á escola
Benvidos e benvidas a un novo curso. Son Breixo Ordoñez.Xa estou na comunidade de maiores e vou coñecer novos ambientes.É un curso diferente porque temos que adaptarnos a unha nova vida e a unha nova realidade na escola. Preparádevos, porque debaixo do sombreiro, os/as nenos/as temos un mundo enteiro de ideas!!. Breixo Ordoñez 4º
Punto Heroínas
Este curso acondicionamos en todos os ambientes da escola un espazo denominado o “PUNTO HEROÍNAS” Nestes ofrecemos referentes de mulleres nos distintos ámbitos do coñecemento conectados coas distintas identidades, mulleres invisibles no pensamento colectivo, a nivel local, galego, estatal e internacional. Cada Punto Heroínas é distinto (fondos bibliográficos, recursos, ilustracións, obxectos) pero todos teñen en... Seguir lendo →
Unha escola viaxeira
Moitos/as dos/das nosos/as mestres/as realizan viaxes formativas ao longo do ano para traer novas ideas e puntos de vista a nosa escola. Nesta pequena entrada presentaremos as máis actuais. As mestras Manola e Uxía viaxaron a Italia para visitar catro escolas, elas, xunto con varios mestres/as participan no proxecto “Erasmus+”, mentras a mestra Vanesa e o... Seguir lendo →
Blue Brothers e a Rumba Portugesa
O venres 13 de marzo o noso compañeiro Jony dará un concerto sobre a rumba portuguesa acompañado polo seu caixón. A este concerto asistirán os nenos/as do C.e.i.p Heroínas de Sálvora. Os primeiros en asistir serán os/as nenos/as da comunidade de pequenos arredor das 10:00, despois ás 10:15 será o turno da comunidade de medianos... Seguir lendo →
Así foi a Morteirada
O xoves 30 de xaneiro do 2020 foi a Morteirada, unha intervención artístico-musical relacionada coa igualdade entre homes e mulleres. En primeiro lugar, ás 09:00 cando chegamos ao colexio, os/as de 6º, tivemos que ir a Sereas, ambiente artístico-musical, a poñernos as saias negras e maquillarnos para ese evento reivindicativo. En segundo lugar cando acabamos... Seguir lendo →
PREMIO GUADI GALEGO
Guadi Galego recibiu un premio: " Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español " polo seu disco chamado Immersión. Este disco está en sete linguas que son Galego, Catalán, Éuscaro, Asturiano, Portugués, Castelán e Aranés. Este premio foi entregado no Círculo de Belas Artes de Madrid e concedido polos gobernos autonómicos de Euskadi,... Seguir lendo →
A cociña do parque de infantil
O pasado luns, os/as nenos/as de infantil chegaron ao patio con un agasaio. Unha cociña feita por Andrés o conserxe, ao cal lle fixemos unhas preguntas: -P: Por que fixeches a cociña?. - R:Porque sabía que os/as nenos/as de infantil lle iba a gustar. - P:Para que fixeches a cociña?. - R:Para que no día... Seguir lendo →
EXCURSIÓN A LUGO
Cando nos espertamos pola mañá, sentimos unha sensación moi rara, tivemos que entrar á escola máis cedo, o habitual é entrar ás 9:00 e ese día entramos ás 8:50, alí reuniámonos na praza das Lúas, chegaron os autobuses e saímos os nenos / as de 5º e 6º para Lugo. Pasaron moitas cousas, xente mareada,... Seguir lendo →























