A BANDA DA LOBA

Benqueridas familias! 

Hoxe queríamos informarvos que xa empezamos ambientes  e que o timbre musical cambiou. Este curso comezamos escoitando “Unha noite na fraga”,do músico galego Pedro Lamas. Agora o timbre musical cambiou e titúlase “A  fábrica de luz”.

A canción esta interpretada  por un grupo de mulleres que formaron unha banda chamada A Banda da Loba.

A Banda da Loba son cinco mulleres que decidiron unir a súas voces para formar unha banda. As sùas canciòns máis abundantes son de Rok e Pop. O seu primeiro  traballo foi en decembro de 2017 e chamouse “Bailando as rúas”. 

As artistas da banda son:Inés Mirás ( Guitarras),Marcela Porto (percusión), Xiana Lastra ( Voz), Andrea Porto Mato ( Baixo),Estela Rodríguez Carballo ( Violín).

Esperamos que vos guste o novo timbre musical.

Daniel Delfín Mos Paz e Jesús Cazador Dos Santos

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: