CRÓNICA DUNHA ESCOLA DIFERENTE

Acordádesvos do 12 de marzo? O día que nos dixeron que íbamos a estar 15 días na casa? Desgraciadamente non foi así e a cuarentena alongouse. Os primeiros días foron un pouco agobiantes. Non podíamos saír a compra, non podiímos ir a pasear… Non saíamos para nada!!!….

A raíz da pandemia do Covid-19 a escola tivo que mudar moitas das súas rutinas. Agora retiráronse os grupos mixtos para manter os grupos burbulla por iso temos parcelas no recreo separando os grupos. Temos que traer mascarilla para non contaxiarnos entre nós.

En canto o espazo de tempo do recreo, temos dúas quendas, a primeira é de 11:00 a 11:30 e é o tempo dos nenos e nenas da comunidade de maiores. O segundo é de 11:40 a 12:10 e é o tempo dos nenos e nenas da comunidade de medianos e a de pequenos. 

Agora en vez de entrar as 09:00 todos/as xuntos/as, os que van en autobús entran as 8:50 e os que veñen andando ou en coche entran de 09:00 a 09:20. Na saída os/as da comunidade de pequenos/as comezan a saír á 13:30, os/as da comunidade de medianos/as comezan a saír as 13:40, os/as da comunidade de maiores comezan a saír as 13:55 e os/as do autobús as 14:00.

 Por último, temos instaladas frechas e rotondas no chan que debemos seguir á hora de circular polos pasillos e polo patio. Como non se poden mesturar os grupos agora hai un aseo para cada un, e como é de esperar non se poden traer cousas da casa.

Esta é a nosa nova realidade no C.E.I.P. Heroínas de Sálvora.

                                                                                     Nerea e Alba de 6ºB

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: