O día da candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertiliade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou ser cristanizado. Neste caso tratábase do ritual do lume, coas súas virtudes apotropaicas. Ademais, o día 2 de febreiro celébrase o día do casamento... Seguir lendo →
Os alcaldes e alcaldesas
Ola! somos Lucía Maquieira e Daniel Lijó de 4º , Antía Redondo de 5ºA , David García de 5ºB , Lía González e Brais Baldomero de 6º. Neste programa de Radio Sálvora falaremos cos alcaldes e alcaldesas de infantil e primaria para que poidades coñecelos mellor e que poidades saber que van facer. Ademáis presentamos... Seguir lendo →
A Ghusanitada
A ghusanitada é unha festa que facemos cada ano Ceip Heroínas de Sálvora . En vez de uvas os/as nenos e nenas comemos gusanitos con cada unha das doce badaladas que os/as acompañantes do Apalpador fan resoar na praza das Lúas. Viñemos vestidas e vestidos de apañacastañas. Ese día trouxemos comida das nosas casas para... Seguir lendo →
A NOSA ESCOLA
A continuación presentamos unha poesía feita por Marta Guisamonde e Sabela Gude de 5ºB. Esta poesía representa o noso cole, fala dos ambientes e tamén do que facemos neles. Inspirámonos nas propostas que se fan en cada ambiente e, intentamos que rimara cos nomes dos mesmos.
O ANIVERSARIO DE RIKINILLO
Ola, somo Marta Teira de 5ºA e Iván de 4º .Presentámosvos o cómic que creamos. O noso cómic conta a historia dun cactus chamado Rikinillo que pensa que os seus amigos non se lembran do seu aniversario pero finalmente si que se lembraron. Agardamos que vos guste!
A MORTEIRADA
O Xoves 30 de Xaneiro ás 9:30 no CEIP Heroínas de Sálvora celebrarase " A morteirada". Un evento en reinvicación ás mulleres que sofren violencia de xénero. Primeiro, farase unha introdución onde intervirán o alcalde e alcaldesa, despois a mestra Sonia contará o microrrelato sobre as Mulleres Améndoas, que son as mulleres maltratadas e que... Seguir lendo →
Extinción dos koalas en Australia
Os incendios no este de Australia arden dende principios de novembro e provocaron a morte de máis de 2.000 koalas, unha especie xa clasificada como “vulnerable” segundo indica Efe fonte académica. Os koalas perderon o 24% do seu hábitat. A gravidade do incendio forestal fai ter medo pola desaparición de koalas, xa que a poboación... Seguir lendo →
Novas do noso colexio
Ir a descargar No noso programa de radio falamos sobre os clubes do colexio, dos libros do corredor e da entrevista que lle imos facer ao profesor Gonzalo sobre o arte. Esperamos que vos guste, un bico e ata a próxima. ADEUS!
O Feminismo
Ir a descargar Ola!, somos Sofía de 5ºB Santiago e Candela 5ºA, Eloi de 4º e Jesús de 6º do colexio Heroínas de Sálvora. Imos a presentar un proxecto sobre o feminismo. Falamos neste programa sobre as cores preferidas dos/as nenos/as 1º e 2º ,tamén que queren ser de maiores aos de 3º, e unha... Seguir lendo →
O concerto esperado
O grupo de STAFF planeou a chegada de Guadi Galego por moitas semanas, e o martes 10 de decembro por fin chegou á nosa escola. O día do concerto os/as nenos/as tiveron moito traballo nada máis chegar, xa a primeira hora da mañá fíxose unha reunión para preparar este evento. A organización do STAFF está... Seguir lendo →























