O concerto esperado

O grupo de STAFF planeou a chegada de Guadi Galego por moitas semanas, e o martes 10 de decembro por fin chegou á nosa escola.

O día do concerto os/as nenos/as tiveron moito traballo nada máis chegar, xa a primeira hora da mañá fíxose unha reunión para preparar este evento.  A organización do STAFF está feita de tal maneira onde toda a xente que colabora teña unha tarefa asignada, así o traballo se fai mais rápido e moito mellor. Dentro deste grupo existen outras seccións, das que cada unha se encarga de algo, e estas son: atrezzo, grupo técnico, papelería e comunicación. 

Arredor das 9.00 da mañá, Guadi chega ao colexio onde foi recibida con moitos sorrisos e saúdos ademais de axudarlle a levar todo o material que trouxo: piano, cables, guitarra…

Despois de preparar todo e ordenalo no ambiente de Sereas, Guadi fixo probas de son as que foron supervisadas polo equipo técnico do STAFF.

Previa o concerto, Alejandro o alcalde de primaria se encargou de presentar este evento tan importante e bonito, e Ana, Naia e Anxo alcaldes e alcaldesas do colexio, foron os/as encargados/as de conversar con Guadi.  Sobre as 11:00 empeza ese momento que todos estivemos agardando, o concerto de Guadi. A sala estivo por moito tempo con ledicia, e tamén estivo chea de nerviosismo, posto que todos/as agardaban que comezase xa ese momento que con tanto agarimo, esforzo e ilusión se preparou. 

Os nenos e nenas de infantil ao escoitar o concerto comezaron a sorrir o que fixo sentir a Guadi querida. Para a última canción, Guadi e Sonia, a nosa mestra de música e supervisora do STAFF, cantaron un tema moi especial que a todos/as nos namorou. Ao final do concerto a Carlos, o compositor que axuda a Guadi  e autor dalgúns vídeos dela tamén, déronlle un regalo, concretamente unha planta que os de infantil coidaron, que por suposto a Carlos gustou.  

O seguinte pase fíxose para a comunidade de maiores, que a todos os nenos e profesores encantou e tamén lles ilusionou moito escoitar a Sonia e Guadi cantar.O punto álxido do concerto foi cando Guadi interpretou a súa canción “Chea de Vida”, que fixo que todo o público a acompañase coa linguaxe de signos. Ao remate se lle entregou á artista un retrato dela, pintado polo artista local Gonzalo De Lucas.    

A última comunidade en asistir foi a de medianos,onde a primeira canción en soar foi “Matriarcas” que fixo conmover a moitos/as dos/as asistentes. Nesta comunidade o que destacou foi que as mestras se animaron moito durante todo o pase. Ao rematar os concertos, os nenos/as se dirixiron ao photocall onde compartiron un momento coa artista.

Para todos/as  os nenos/as que participamos neste proxecto, a experiencia foi moi enriquecedora porque vemos que hai outras maneiras de aprender, e fai ver que esta escola está chea de vida.

María Carracedo

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: