O Xoves 30 de Xaneiro ás 9:30 no CEIP Heroínas de Sálvora celebrarase ” A morteirada”. Un evento en reinvicación ás mulleres que sofren violencia de xénero.
Primeiro, farase unha introdución onde intervirán o alcalde e alcaldesa, despois a mestra Sonia contará o microrrelato sobre as Mulleres Améndoas, que son as mulleres maltratadas e que sofren violencia psicolóxica.
Por último, todos os/as nenos/as presentarán a performance ” O pulso do morteiro”, que representa o maltrato psicolóxico que sofren as mulleres. Como colofón final farase unha manifestación reinvindicando á sociedade o desterro desta lacra das nosas vidas.
No CEIP Heroínas de Sálvora resonan os Ecos da revolución!!!
Anxo Rey Paz 6º primaria
