MARI ITO

Ola, bo día! Hoxe vou presentar unha biografía sobre MAri Ito.

É unha muller que se dedica a pintar, a facer esculturas surrealistas, instalacións e arte téxtil. Mari Ito, nada en Tokio (Xapón) no ano 1980 ten 42 anos. Licenciouse en Nihonga (pintura de estilo xaponés). Mudouse a España (Barcelona) en 2006. Empezou a facer exposicións no ano 2007. Algunhas delas son estás: Zembu gallery (2007), Gallery (2008), En movimiento hacia el circulo (2009), El origen del deseo-nacimiento (2012), Invisible (2014), Mari Ito (2016), Itomarisme e Itomarismo (2017), Itomarism  (2018), Zeit-foto (2020) e a máis actual é Zeit-foto (2021). Tamén fixo moitas exibicións en grupo.

Emprega técnicas e materiais tradicionais da pintura xaponesa, pero con influenza occidental. Desenvolveu varios traballos en 2-D. Coa súa experiencia da infancia como leitmotiv, as cores vivas e as liñas sensibles, creou unha obra única de pintura tradicionial xaponesa. 

Persegue o tema universal das sementes dos desexos humanos e intenta representar nas súas obras os sentimientos e pensamentos da súa vida.As súas obras normalmente son de cores cálidas e frías e a maioría das obras son flores (coas que representa ata algunhas caras). 

E vos coñecedes a Mari Ito? Ou algunha das súas pinturas?
E AQUÍ REMATA O MEU TRABALLO. ESPERO QUE VOS GUSTASE ADEUS!

FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.itomari.com/

.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: