O VANDALISMO

Bos días! Hoxe ímosvos falar sobre o vandalismo, algo moi común na nosa sociedade.

O vandalismo é un delito que ocorre cando unha persoa destrúe ou profana os bens doutra persoa. Os actos vandálicos pódense encontrar a simple vista: nas rúas, en paredes abandonadas ou non e cousas queimadas. 

En xeral, os actos vandálicos están destinados a destruír.

Hai moitos tipos de actos vandálicos, por exemplo: vandalismo xuvenil, facer graffitis, arroxar ovos a coches, romper as ventás de automóbiles, casas etc., pinchar neumáticos e romper sinais de tráfico, entre moitas máis.

A semana pasada na escola houbo un acto vandálico. Puxemos unha instalación artística contra a violencia machista, colgamos uns lazos cunha frase en cada un nunha estrutura de táboas de madeira. Á semana seguinte, o luns, os lazos estaban atados entre si. 

A nós non nos parece moi ben que fagan cousas malas ou que cambien a instalación artística dos demáis. Agardamos que a xente respecte o dos demais.

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: