Estimadas familias!
Como todos os anos continuamos co proxecto do timbre musical que sinala a entrada e a saída dun día na nosa escola. Este ano a duración de cada canción será dun mes, e polo tanto soarán nove cancións.
A primeira canción que puidemos escoitar o mes de setembro foi:“Amar a mares” de “Guadi Galego”. Esta canción estreouse no 2005 e é do disco “Espido”. Foi creado, a partir dunha letra de Uxía Senlle, inspirada na súa vez nun poema de Manuel Rivas.
O mes de outubro está soando a canción “Teresiña” de “Momboi”. O grupo formano Brais Sánchez, Daniel García, André Garabato e Beny Mayo e interpretan ‘Teresiña’ xunto á artista Belém Tajes.
O vídeoclip grabouse en Noia e en Compostela. Momboi, quixo facerlle unha homenaxe á avoa materna de Brais Sánchez (membro do grupo) e ao sitio onde se criou.