O día 10 de novembro de 1972, o Concello presidido por Ricardo Pérez Queiruga, adquire unha finca chamada (Agro de Caluguero) para instalar o colexio público de 16 unidades en Listres (Aguiño); o prezo dos terreos foi dun millón de pesetas.
Construíuse o Colexio Nacional de EXB de Aguiño, con 16 unidades, biblioteca, laboratorio, ximnasio, comedor, campo de deportes, transporte escolar e inclusive unha rondalla e unha serie de melloras ata o momento non vistas. Tanto a Agrupación Escolar Mixta de Carreira como de Aguiño pasan a formar parte do mesmo. A primeira etapa de E.X.B seguíanse impartindo nas agrupacións. A segunda etapa, que comprendía 6º, 7º e 8º quedaba concentrada en Aguiño. Coa instauración do réxime democrático aos Directores dos colexios noméaos o claustro de profesores, sae elixido D. Emilio Rodríguez López.
Co tempo considérase necesario construír un centro de 8 unidades en Carreira, existindo xa un de 16 Unidades en Fríons e logo o IES Frións, finalmente chamado Leliadoura de San Roque. É daquela cando Carreira se desagrega de Aguiño. Ademais do exposto foi baixando sucesivamante a natalidade. Isto provocou que baixase a ratio por aula do colexio, ao teren menos matrícula de alumnos/as as escolas da Tasca derribáronse para deixar paso a zonas de deportes e recerativas.
Antes no novo colexio sito en Listres estaban na planta baixa os depachos, comedor, cociña, ximnasio, e aulas de primeira etapa; ea primeira planta estaban o laboratorio, a biblioteca, as aulas de segunda etapa e as titorías. Hoxe debido ao descenso do número de alumnado reducíronse o numero de aulas, pero case hai o mesmo número de profesores debido ás especialidades a impartir. Ademais está plenamente adaptado aos novos tempos.
O COLEXIO HOXE EN DÍA
Hoxe en día a escola é moi diferente. Por exemplo os grupos de alumnos e alumnas son mixtos, é dicir, hai nenas e nenos de diferentes cursos no mesmo grupo. Deste xeito os grupos distribúense por comunidades: comunidade de pequenos/as (3, 4 e 5 anos), comunidade de medianos/as (6, 7 e 8 anos) e a comunidade de maiores (9,10 e 11) .
O patio tamén está dividido de diferente forma:
Cando entras polo portal, á dereita atopas o areeiro onde antes era o parque dos pequenos/as, a continuación está o parque dos columpios onde anteriormente era o parque de maiores, despois dese recinto tiñamos a pista de fútbol (actualmente so queda a metade). Ao carón del está o pabillón, e ao carón deste atoparás unha gran mesa de madeira que está xunto a entrada de primaria. Os nenos e nenas de infantil teñen outra entrada que está á esquerda do colexio. Se entramos pola porta de infantil atopamos o Atelier xusto de fronte. Este é o ambiente de arte dos pequenos/as. Á esquerda atopamos un pequeniño almacén seguido do comedor, dos baños e da sala de mestres/as. Imos outra vez ao Atelier, e á dereita temos o ascensor, despois a sala de xogos dos pequenos/as. Ademais disto na planta de abaixo atoparemos as titorías de infantil, despachos, ximnasio e a biblioteca.
No piso de arriba atopamos un ambiente chamado Argalladas onde antes era a clase de inglés e un ambiente non referencial no que se desonvolven diferentes obradoiros con gupos reducidos de nenas e nenos. Ao carón temos o Cafe-teatro. Alí fanse obras de teatro e disfrázanse os nenos e nenas. Ao lado temos os baños de nenos/as, despois está a aula de Sereas onde antigamente era a biblioteca. A continuación temos os ambientes de maiores: Editorial, Gaia, Teoremas e Rosalias. Os ambientes de medianos son Ábacos, Versos e Pachamama.
E ata aquí a información.



