Ola !son Andrés. Benvidos e benvidas ao primeiro videoclip de baile da Editorial. Hoxe vou bailar a Muiñeira mesturada con baile moderno coa canción invitada que é “Terra”, das Tanxugueiras. Elas son un trío de pandereteiras que fan as súas cancións mesturando o estilo tradicional galego co estilo moderno.

Chámanse Aida, Sabela e Olaia.
A súa canción gústame moito aínda que non foran a Eurovisión. Gústame bailala cando podo porque é moi pegadiza e dan ganas de desfrutar cando soa. Decidín facer isto porque gústame bailar.