O DÍA DA CANDELORIA

O día da Candeloria é o día do ano cando os paxaros se casan,se celebra o 2 de febreiro. Este ano na escola celebramos o día da Candeloia creando flores inspirándonos na obra de Mari Ito. 

Mari Ito naceu en Toquio no 1980. Licenciouse en Nihonga,un estilo xaponés de pintura realizado con prácticas,técnicas e materiais tradicionais.Mudouse a Barcelona, España, no 2006. 

Dende entón reside alí e con Nihonga como base, desenvolveu varios traballos en 2-D e en escultura. Cas experiencias da infancia como leitmotiv, as cores vivas e as liñas sensibles pero sofisticadas crearon unha obra única que va máis alá da pintura tradicional xaponesa, facilitando unha imaxe única do mundo. Perseguindo o tema universal das semillas do desexo humano,ca súa mestura de felicidade, dor e rabia, e en particular a través da imaxe recurrente das flores cas caras, Mari revela o seu enfoque característico, que tamén está cheo de humor.

Adxunto nesta nova o cartel da obra de Mari Ito adaptada á nosa escola. Para saber máis sobre Mari Ito déixovos este enlace: http://www.itomari.com/            

Xabi Martínez Rego.                                                                                                            

Comentarios pechados

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: