Como acabar co machismo:
Non pegar, ser bo, ser amable, ser respectuoso e non abusar.
Tipos de violencia machista:
A violencia machista pode ser de varios tipos. As dúas máis importantes son:
Violencia física. A violencia física é facer dano ao corpo: pegar,empuxar ou facer dano cun obxecto .
A violencia psicolóxica é facer dano ás emocións para facer que a outra persoa se sínta mal: o control, o insulto ou o desprezo son algúns exemplos de violencia psicolóxica.
Que sucede se nunha parella hai violencia machista?
Cando unha muller sofre violencia síntese triste e doida. Tamén pode ter medo e sentirse culpable, pero ela non ten a culpa do que pasou. O home insúltalle en público ou en privado, amenázalle, non quere que estea coa súa familia ou amigos, non lle deixa tomar decisións, espía as súas redes sociais, é celoso, quere controlar o que fai, non lle deixa saír, etc